Carballo a un paso

Compartir:

Queres cultura? En Carballo temos con forza!

Entre marzo e maio ofrecemos máis de 25 actividades con cinema, expos, teatro, danza... e que nos axudarán a demostrar que a cultura é segura!

Cultura con forza

1 de marzo de 2021 - En Carballo empregamos un aumentativo moi particular que consiste en engadir a construción "con forza", para dar énfase. Podemos dicir que temos "pan con forza", "mar con forza", "comercio con forza", e, durante os meses de marzo, abril e maio, imos ter tamén "Cultura con forza". Poderedes ver cinco espectáculos de teatro para adultos, catro de danza, cinco para todos os públicos, dous documentais, cinco longametraxes de cine euro-árabe, catro exposicións... E toda esta oferta sempre reforzada co concepto de "cultura segura", xa que se respectarán ao máximo todas as medidas de seguridade: aforos limitados, o uso de máscara, o xel hixienizante, ou a organización das entradas e saídas aos distintos espectáculos e actividades.

Ademais, xunto a todas as medidas de prevención da COVID-19, seguiremos apostando polas retransmisións en streaming da maior parte dos espectáculos, trasladando o escenario do Pazo da Cultura, a Biblioteca Rego da Balsa ou o Mercado Municipal, onde se desenvolverá unha das propostas, aos fogares dos carballeses e carballesas e tamén de todas as persoas de fóra de Carballo que teñan gañas de desfrutar unha vez máis coa cultura.

Programación

Respecto dos espectáculos que poderán disfrutarse ao longo destes meses, podemos dividilos en varios grandes bloques, tanto temporais como temáticos:

  • MAIO: No mes de maio hai propostas para os días 8 e 9 do mes con dous espectáculos teatrais. "Bernarda" de Malasombra e para o público infantil "Cartoons" de PT Excéntricas. O mes completarase coas citas con motivo do Día das Letras Galegas, que aínda está por definir ou con propostas musicais. Estade atentas/os!

Ademais, ao longo destes tres meses de "Cultura con forza" poderemos desfrutar con produtos audiovisuais de calidade con Docus Galegos, ou o ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta, que sae de Compostela para viaxar ata Carballo. Os Ratos de Loxedetodo da compañía Trinke Trinke seguirán na Biblioteca Rego da Balsa ofrecendo os seus contacontos para nenas e nenos de entre 5 e 7 anos. Haberá ata catro exposicións no Pazo da Cultura ou mesmo unha conferencia sobre a influencia dos conflitos bélicos na arte analizando artistas como Goya e Picasso, pero tamén galegos como Castelao ou Luís Seoane, entre outros.

Xa sabedes, reservade un oco estes meses para poder vivir a cultura de forma segura e cunha variedade de propostas que chega a todos os públicos. Cultura con forza!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica