Deportes
                                                                                                                            Ciclismo
Carballo é unha vila de sangue novo e con bo músculo para o deporte, con diversas alternativas para a práctica do turismo activo e resultados nada desprezables no deporte federado.
Surf e bodyboard: 
As augas do litoral de Carballo son ideais para a práctica do surf e do bodyboard. Rapazas e rapaces de toda España e do resto de Europa achéganse todos os anos ás escolas de surf de Razo para aprender a domear as ondas.   
Parapente e ala delta: 
A Carballo chegan as e os amantes do deporte á procura dos nosos ventos. Na praia de Razo poderás ver sucar os ceos ás e aos afeccionados do parapente e da ala delta. Tamén preto da praia de Leira se practica o parapente.   
Pesca submarina: 
Para quen guste de baixar aos fondos mariños, ten en lugares como o porto de Razo, e en xeral todo o litoral que vai dende este punto até Malpica, unha área onde practicar a pesca submarina.   
Motor: 
A vila é tamén lugar de parada para quen guste do mundo do motor. O circuíto de Bértoa está entre os mellores de toda Galicia e é un dos poucos circuítos galegos escenario do Campionato Estatal de Autocrós. Tamén o circuíto municipal de radio control, tamén en Bértoa, é xa unha referencia a nivel galego.
Equipos destacados.
 A vila conta con varios equipos competindo a nivel estatal e autonómico. As principais entidades deportivas do Concello son:
                                                                                                                            Natación
- Balonmán Xiria
 - Baloncesto Xiria
 - Voleibol Xiria
 - Club Baloncesto Artai
 - Bergantiños FC
 - AD Fogar da Xuventude
 - Club Escolas de Fútbol Luís Calvo
 - SYSCA (Salvamento e Socorrismo Carballo)
 - SERCA (Salvamento e Rescate Carballo)
 - Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns
 - Sociedade Deportiva San Lorenzo
 - Sociedade Deportiva Sofán
 - Club Ciclista Monte Neme
 - Club Ciclista Carballo
 - Os Muditos Club Deportivo
 - Asociación Deportiva Media Ducia
 - MC Motor Bergantiños
 - Escudería Máis Motor
 - Escudería Bergantiños Motor
 - Asociación Deportiva Club Remontes 4x4
 - Peña Os Ártabros
 - 3D3 Pádel
 - Kárate-do
 
         	 	
         	
                                        
                                            
                                            
                                            





