Maxia, circo, danza, cine e moita música: en xullo e agosto en Carballo!
O programa Verán Cultural presenta quince propostas para todos os públicos para desfrutar do tempo de lecer
Entre os nomes que pasarán por Carballo están o grupo de música e baile tradicional Xacarandaina, o programa do Xacobeo 21-22 coa Banda de Música de Brión, o grupo de rock carballés La Crema ©, os músicos Budiño e Pablo Novoa, a mestura entre o folk e a música electrónica de Baiuca, Maraya Zideco e o seu acordeón, o folclore de Pepe Vaamonde Grupo & Xisco; e para os máis cativos e cativas A Banda do Verán, o Mago Antón, Circo Chosco e A Tropa de Trapo. Para completar todas estas citas, habéra cine tanto en Carballo como en Razo e A Pedra do Sal e a Praia dos Libros para levar a literatura ata o mar.
Só tendes que consultar o programa e escoller cita! Agardámosvos!