Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Saborea o teatro en Carballo! Dálle un bocado ao...

Compartir:

Saborea o teatro en Carballo! Dálle un bocado ao FIOT...

Todos os venres, sábados e domingos de outubro podedes probar os almorzos, tapas e ceas do festival en 13 locais hostaleiros

Dálle un bocado ao FIOT

Cada ano as propostas do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) transfórmanse en comida para saborear e para desfrutar. Trece locais hostaleiros de Carballo implícanse coa celebración da festa do teatro para ofrecer interesantes propostas gastronómicas coas que animar o noso padal con orixinais bocados de inspiración teatral durante a celebración do festival. Xa é a sétima edición desta ruta na que, en 2019, como novidade, ademais dos habituais almorzos e tapas de todas as edicións, incorpóranse ceas exclusivas para completar as noites de arte dramática do mes de outubro.

Ademais de probar o FIOT tamén na súa versión culinaria, todos os participantes na ruta poden atoparse estes días nos trece locais participantes con pequenas pílulas de humor para aledar o día a cargo da compañía carballesa Galeatro. Por outra banda, participaredes no sorteo dunha noite de teatro para dúas persoas para o FIOT de 2020. Con cada consumición, conseguiredes un boleto. O premio consiste en 2 entradas para unha das funcións con cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas en Carballo. Este ano a afortunada foi María Luísa López Losada. Cantas máis tapas, almorzos e ceas probedes, máis posibilidades de gañar!

ONDE E CANDO?

A ruta Dálle un bocado ao FIOT celebrarase todos os venres, sábados e domingos de outubro. As tapas e almorzos poden probarse todos os días de ruta. As ceas, en cambio, estarán dispoñibles cada día nun local diferente. Aquí vos deixamos a info para que non perdades nada!

Escollede o local e a proposta que máis vos apeteza para comer o teatro en Carballo! Non vos arrepentiredes!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica