Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // De onde vimos // II Guerra Mundial

Compartir:

II Guerra Mundial

Volframio

Volframio

Os corenta son anos de posguerra e, para Carballo, tamén de comercialización de volframio. A II Guerra Mundial, e logo a guerra de Corea, trae anos de prosperidade para a mina de volframio do monte Neme.

A xente máis maior aínda se acorda daquela época: anos de fame e escaseza, de esforzadas xornadas de traballo na mina e tamén de estratexias múltiples de supervivencia, como a roubeta: as veciñas e os veciños da zona aguzaban o enxeño para facerse ás agochadas co mineral e logo revendelo.

Algúns traballadores da mina mesmo furaban os mangos das súas ferramentas para levar para as súas casas as pedriñas de volframio.

Na II Guerra Mundial, Carballo tamén foi escenario para a espionaxe. Espías do bando aliado pululaban pola zona para evitar que o volframio chegara con éxito ao exército alemán, que o usaba para reforzar o seu armamento. Comprábanllo aos veciños e veciñas que o roubaban da mina. E tamén andaban a vixiar por estes lares espías do bando nazi.

Neses duros anos de posguerra, xorde entón a que hoxe en día é a empresa máis internacionalizada e coñecida do concello, as conservas Calvo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica