Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Sushi, lasaña, caldeirada, salpicón ou mesmo...

Compartir:

Sushi, lasaña, caldeirada, salpicón ou mesmo chupachups... Delicias en Carballo por Etapas!

Dezaoito locais hostaleiros da capital carballesa participan un ano máis nunha ruta gastronómica que fará que veciños e visitantes chupen os dedos

Carballo por etapas

Xa está todo preparado para que comece Carballo por Etapas, a ruta gastronómica que dende hai xa seis anos visita a capital municipal a finais do mes de maio. Ben de calor e de terraceo para probar auténticas delicias que en cada edición supéranse en sabor e orixinalidade. Lasaña, sushi, caldeirada, salpicón, arroz, pastel, tortillas ou mesmo chupachups (...pero salgados). De todo, moi bo e moi saboroso atoparedes nos dezaoito locais que participan este ano.

Os nosos mellores produtos atopan nos locais carballeses o seu mellor escaparate, coma sempre, cunha primeira fin de semana que presta especial atención ao atún Calvo, patrocinador da cita; e cunha segunda finde na que a liberdade creativa é a protagonista. Ingredientes coma o xamón, o chourizo, os ovos, o porco, a vaca, o bacallau ou o queixo adquiren nova vida grazas ao tratamento das tapas. Pero tamén atopamos materias primas que xa de por si son espectaculares e que pasan a ser delicatessen, como zamburiñas, polbo, foie, solombo... Fáisenos a boca auga!

Rascas, premios, o tren...

Cada tapa custa 2€ e, ademais de conseguir unha deliciosa comida, levaredes un rasca con moitos regalos... incluída outra tapa!

As tapas custan 2€ e con cada unha, ademais de probar as delicias dos locais, os participantes da ruta levan un rasca cheo de premios: mochilas, libretas, porta móbiles, botellas e copas de viño, bolsas de praia e, por suposto, máis tapas gratis! E cando podedes gozar coas tapas? Pois o venres 25, sábado 26 e domingo 27 de maio e o venres 1, sábado 2 e domingo 3 de xuño. De 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas, excepto os venres, en que a ruta só está dispoñible pola noite.

A sexta edición de Carballo por Etapas arrinca o venres 25 pola tarde coa saída do tren turístico cedido polo Concello de Cabana de Bergantiños, e que, como é habitual, fará un percorrido polos 18 establecementos participantes, que este ano son: A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cafetería Havanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Mio Fratello Gastrobar, Oasis Restaurante Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tasca A Cova e Trattoría Pizzería Vesuvio.

Hai que mencionar que respecto do cartel anunciador da cita, finalmente non poden participar por motivos persoais Cervecería A Tapería e Dluxe Express. Pero non podedes queixarvos! Tendes 18 locais a elixir... probádeos todos!

E non perdades o tren de Carballo por etapas!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica