Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Vida e arte en tres cores

Compartir:

Vida e arte en tres cores

Até o 31 de xullo, poderá visitarse no Pazo da Cultura, a mostra "Tricomías"

Menos é máis. Branco, vermello e negro. Pureza, paixón e negra sombra. Chegan para compoñer unha obra de arte. Chegan para describir, no esencial, a vida. "Tricomías" é o nome da exposición que o colectivo "Crea Formas" expón no Pazo da Cultura até o día 31 de xullo. O colectivo, que agrupa a divers@s artistas locais, leva varios anos organizando unha exposicion colectiva para o San Xoán, as festas grandes da vila. Ao redor dun motivo común, que ano a ano varía, elaboran ex profeso unha obra.

A exposición títulase "Tricromías", en plural, porque plurais son tamén as visións de cada unha e de cada un dos artistas participantes, casetrinta: Adriana Díaz, Alejandra, Ama, Antón Díaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Emi Rodríguez de las Heras (autora do cartaz anunciador), Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Laura Toba, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Miguel Couto, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Mónica Noya, O'Mighelo, Oti Fernández, Peter Kramer, Raúl González, Rise, Rosa Antelo, Santi Picos, Santiago Castro y Tomas Lunas. Contan nesta ocasión coa compaña e a colaboración especial  de Paco Souto e de Alfonso Costa Beiro, o profesor este ano da Aula de Gravado Municipal.

A mostra poderá visitarse na sala de exposicións Alberto Gende, no terceiro andar do Pazo da Cultura, en horario de cinco a nove da tarde, todos os días da semana, incluídos sábados e domingos. Nesta ligazón poderedes ver fotos da exposición.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica