Carballo a un paso

Inicio // Artigos // “As etiquetas son para a roupa”

Compartir:

“As etiquetas son para a roupa”

Rayden, un dos nomes máis destacados do rap estatal, actuou este pasado venres en Carballo.

Foto de Ana García

Foto de Ana García

Este pasado venres tivémolo actuando en Carballo no Festival Dando a Lata con Mediyana, Mesh e Darwin. Rayden é unha das mellores figuras do hip hop nacional e un dos artistas con máis proxección a nivel estatal. Lonxe do estereotipo de duro que describe ao rapero, as súas son letras positivas, mesmo terapéuticas. Escoitalo, e non só cantar, senón tamén falar, é unha gozada.  

-Estiveras algunha vez en Galicia?

-Si, estivera tanto na Coruña como en Vigo. Mañá, será a primeira vez en Carballo.

 -Tes unha canción chamada “Finisterre”. Ten algo que ver co Finisterre da Costa da Morte?

-Si, ten que ver. Eu de pequeno pensaba que o mundo se acababa en Finisterre. Cando medrei deime conta de que se cadra Finisterre é o teito que nos tentamos autoimponer ou que nos tentan  impor A parede do show de Truman é como a burbulla da túa zona de confort que parece que, se a rompes, caes. É facer camiño cada un. Cando todo o mundo che di que aí se termina todo e non podes ir máis aló, dartede conta de que tes o mundo por percorrer e que só tes que ter ganas.

- Presentarás en Carballo o teu último traballo, “En alma e óso” Que ten este disco  de procura interior?

-Cada disco tento facer unha procura interior para tentar sacar a mellor versión de min mesmo, e por iso ten ese toque persoal. A día de hoxe non sabería facelo doutra forma.

-Descríbeseche como  unha das maiores figuras do hip hop nacional e un dos músicos con máis proxección da escena musical española. E aínda non tes 30 anos. Como se vive ese recoñecemento e tan novo?

-É un pouco anécdota.Vivo facendo a miña realidade. Fixen o meu soño e quero seguir facéndoo realidade. Está ben ser número un de vendas ou recibir o premio da música ao mellor artista pero ao final, o mellor é que te paren na rúa e che den as grazas polo que fixeches.

-Frases túas apareceron pintadas nos pasos de peóns de Madrid. Como xurdiu ese proxecto?

-Uns coñecidos meus chamáronme porque estiveran en Barcelona e sorprendeulles o tratamento que lle daban a algúns pasos de peóns cando xa non eran barras horizontais senón liñas de puntos e, entre medias,  mensaxes de seguridade viaria. Dixéronme que pensaran en Leiva  e en min para, nos tempos que corren, de pesimismo, darlle ferramentas á xente que anda coa cabeza baixa para que avance con paso firme. Utilizaron frases miñas e doutros artistas.

-Cal foi a reacción das autoridades municipais?

-É un proxecto alegal.  O concello anterior quería borralo e os servizos de limpeza negáronse, opuxéronse, porque dixeron que lles animaba velo pola mañá.  

-Dise que as túas letras e o teu estilo positivo distan moito do resto de artistas da escena rap. Considéraste un bicho raro?

-Non me considero bicho raro, simplemente fago o que quero e hai moito tempo que, no mellor sentido da palabra, lle perdín  o respecto a todo o que estaba establecido no rap en particular e na música en xeral. Cando ti es sincero contigo, a xente pode comungar co teu discurso ou non pero ninguén pode botarme en cara as miñas intencións

-Como foi o colaborar con artistas de estilos tan diferentes ao teu como Dani Martín, Ojeda ou Marwan?

-Pois foi unha experiencia similar a se colaborase cun rapero. Ao final é música. Somos artistas que nos xuntamos para facer arte e gozar polocamiño. Eu escoito calquera estilo musical. Ao final as etiquetas son para a roupa. 


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica