Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Xa somos 5.000!

Compartir:

Xa somos 5.000!

A páxina de Facebook de Turismo Carballo chegou, a finais de xuño, ás 5.000 persoas seguidoras. Graciñas!

Estes días, en Turismo Carballo estamos de celebración. A nosa páxina de Facebook pasa xa dos 5.000 seguidores e seguidoras. Dende estas liñas queremos agradecer o voso apoio a todas as persoas que forman parte desta gran familia que son as nosas redes sociais e tamén convidarmos a participar activamente das mesmas ou a facer calquera proposta, suxerencia ou mesmo crítica, que nos axude a mellorar. Porque Turismo Carballo sodes vós.

ORGULLO DO NOSO

As redes sociais de Turismo Carballo asentan en dous principais fundamentais. Primeiro: para que crean en os temos que crer antes en nós mesm@s. Por iso, é fundamental que as persoas que habitamos neste curruncho chamado Carballo teñamos conciencia de todas aquelas cousas das que podemos sentir orgullo, dende o noso mar, até o Anllóns ou as fervenzas, dende as nosas feiras até o dinamismo do noso comercio local ou do noso mercado. Segundo: cada unha de nós, cada un de nós, somos os mellores axentes turísticos da nosa zona. Que mellor ca nós pode ser o mellor anfitrión do seu fogar?

Por iso é tan importante transmitir o orgullo do que somos e temos. Convencid@s tamén de que nas persoas, nas e nos carballeses, no do noso potencial humano, no dinamismo do noso tecido cívico, radica tamén un dos nosos principais atractivos: o de sermos un concello cheo de vida.

Dende Turismo Carballo estamos inmensamente orgullos@s de todo o apoio que nos prestantes ao longo dos xa dous anos que levamos nas redes sociais. E non só no Facebook, senón tamén en Twitter, en Instagram, en Youtube ou no Flickr. Sen máis, grazas!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica