Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A nosa costa, valor engadido

Compartir:

A nosa costa, valor engadido

O 16 e 17 de xuño organízanse en Carballo as Xornadas de Posta en Valor e Divulgación da Beiramar de Carballo. A inscrición é gratuíta. As prazas, limitadas.

O litoral de Carballo é un tesouro natural que cómpre por en valor. Coa filosofía do desenvolvemento sostible como bandeira, organizaranse, nas tardes do 16 e o 17, as Xornadas de Posta en Valor e Divulgación da Beiramar de Carballo. Será a partir das 16.30h. no Fórum. As xornadas van dirixidas tanto a xentes do mar como a público en xeral interesado en afondar nos valores naturais da nosa beiramar, e abondarán en cuestións como a conciliación da conservación dos espazos naturais co desenvolvemento local, a importancia da interpretación do patrimonio á hora de divulgar de maneira atractiva os nosos valores e os valores naturais e culturais da nosa costa. A inscrición é gratuíta e as prazas están limitadas.

Ao longo destes dous días serán varias as persoas expertas que compartirán en Carballo os seus coñecementos e experiencias. Na xornada do martes, Antonio Sandoval, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, falará dos valores naturais e culturais da Costa da Morteno Concello de Carballo. Carlos Vales, o director do CEIDA, abondará na conservación de espazos naturais e o desenvolvemento local. Araceli Serantes Pazos, da Universidade da Coruña, centrará a súa intervención nos modos efectivos de comunicar e interpretar de maneira atractiva o patrimonio. Xa o mércores, teremos con nós a Rebeca Vázquez, do Ceida, para falarnos de roteiros interpretativos por Carballo. A xornada rematará cunha sesión colaborativa entre todas as persoas asistentes ao redor da conservación, uso e goce da beiramar de Carballo.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica