Carballo a un paso

Inicio // Artigos // "Esta arte é de todo o mundo, non é un cadro que...

Compartir:

"Esta arte é de todo o mundo, non é un cadro que posúe unha soa persoa"

O ilustrador e artista urbano Dulk rematou en tan só cinco días a súa obra para o Rexenera Fest

Dulk en su primer día de trabajo en Carballo

Dulk en su primer día de trabajo en Carballo

Collemos a Dulk xusto cando acaba de darlle a última pincelada á súa obra. Coa luz da media tarde retrata o resultado final, nun dos laterais do Fórum que agora loce espectacular cando o abano de cores do mural contrasta co ceo despexado deste inicio de xuño. É considerado un artista emerxente a nivel estatal e europeo, e non para. De Carballo marchará para Estados Unidos e logo para Suecia e, tal vez, Estambul.

-Xusto agora acabas de rematar...

-Agora mesmo.

-Que sensacións emerxen  a obra que acabas de rematar?


-Estou contento, estou satisfeito. Quedou bonito.

-Que quixeches representar?

-As especies animais e os iconos que saen están relacionados con Galicia. A figura principal é unha ave chamada pocha pitirroja e que está en perigo de extinción en Galicia, ao igual que a ave que leva a bandeira. Están fuxindo, levando con elas unha parte de Galicia. Por iso saen con elementos como o hórreo, a bandeira, o gorro que simboliza ás meigas.

-A túa obra destaca por unha estética semellante á ilustración infantil. Cales foron as túas influencias á hora de optar por este tipo de estética?


-Realmente non o sei. Sempre me gustou moito a ilustración infantil. Agora parece a miña unha linguaxe un pouco máis infantil pero non foi porque me influenciara por nada en especial. Gústanme artistas e ilustradores de moitos xéneros diferentes. O que facía antes, aínda que con formas similares, era un pouco máis escuro, e agora é máis suave, con tons máis pasteis.

-A mensaxe dos teus murais, tamén deste, ten que ver coa defensa do medio ambiente, nonsi?


-Si, mais realmente non  quero transmitir nada en especial. Prefiro que cadaquén o interprete á súa maneira. Gústame que quede moi suave esa crítica, que non sexa evidente. Gusta aos nenos e aos maiores, e a mensaxe queda aberta.

-Que che comenta a xente?

-Está moi contenta. Gustoulles moito. Todos os comentarios  son bos e iso é o mellorporque eu deixo aquí a obra e voume, pero a obra queda aquí.


O mural de Dulk no Fórum

O mural de Dulk no Fórum

-A onde marchas agora?

-Agora vou a Estados Unidos, a Richmon, en Virxinia, e despois a Suecia e tal vez a Estambul.

-Traballaras algunha vez nalgunha vila como Carballo?


-Non. Pintei nalgunhas vilas pequenas, hai un tempo en Canarias. Pero en Galicia nunca pintara e é unha zona que me gusta moito. Fíxome ilusión.

-Cal é a importancia da arte pública para unha vila das características de Carballo?

-Son obras que impactan moito e gustan. O chulo é que esta arte é todos. Está na rúa, é arte, e podemos vela todos os días. Non é un cadro que posúe só unha persoa

-A ti presentáseche como un muralista emerxente en España e a nivel europeo.
Como o conseguiches?

-Traballando moito, pintando todos os días. O meu tempo libre é debuxar. Sempre teño algo que facer porque estou metido en bastantes campos dentro da ilustración. Son un friki disto. Cando teño tempo libre non o teño porque llo dedico tamén. Eu creo que o máis importante é traballar, contancia e crer en ti mesmo.

-Cal é a situación deste tipo de arte no Estado?


-Hai moita xente, moita xente boa de moito nivel, pero non se valora como noutros países de Europa ou de Estados Unidos. Aquí non hai moitos eventos e moitas cousas onde poder facer este tipo de obra.

-Contades con apoio das administracións?


-Nalgúns lugares, pero na miña cidade non é o caso. Non hai ningún mural meu na miña vila. Intentei pintar algunhas veces, pedir permiso, e nunca me apoiaron. Son de Ontinyent, de Valencia.

-Con que impresións te marchas de aquí?


-Moi positiva. A organización estivo moi pendente de nós. Houbo algún problema con algunha parede  na que a xente se botou atrás. No meu caso cambiáronme a parede última hora, e tiven que cambiar o boceto, pero non pasa nada.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica