Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Fernando Romay recuncará no Pequebasquet carballés

Compartir:

Fernando Romay recuncará no Pequebasquet carballés

A terceira edición do Pequebasket reunirá a pequen@s afeccionados ao baloncesto, de entre 5 e 8 anos, de diversos puntos de Galicia e Asturias

Fernando Romay na edición 2014 do Pequebasket

Fernando Romay na edición 2014 do Pequebasket

É un acontecemento único no ámbito estatal e ten lugar aquí, en Carballo, na capital bergantiñá. O Pequebasket volverá reunir, nesta terceira edición, a centos de nenas e de nenos de entre cinco e oito anos. Será este domingo, 17 de maio, e contará con pequen@s afeccionad@s ao baloncesto de toda Galicia e mesmo de Asturias, e cunha gran fichaxe, Fernando Romay. O afamado ex xogador de baloncesto, que xa estivo na pasada edición do Pequebasquet, volverá recuncar en Carballo tamén este ano.

O Pequebasquet terá como escenarios o pavillón e o colexio Bergantiños. Participarán este ano un total de 48 equipos, que esgotaron o cupo de participantes mesmo antes de que rematara o prazo de inscrición.  

A zona de xogo estará dividida en sete canchas, no interior do pavillón e no exterior do colexio Bergantiños. Disputaranse un total de 110 partidos co sistema de xogo 4*4, en encontros de catro tempos de seis minutos. Non haberá resultados nin clasificacións, nin tampouco marcadores ou anotadores. A convivencia,a participación e, sobre todo, o goce do deporte, primarán pois sobre a competitividade. A idea de fondo, fomentar o deporte de base xa dende as idades máis temperás.

O evento, que está organizado pola Escola de Basket Xiria, o Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, fará fincapé na parte lúdica. Os cativiños e cativiñas que se acheguen a Carballo poderán tamén entreterse con actividades de globoflexia, inchables, coches a pedais e xogos con material reciclado,entre outras actividades. Haberá zona de xogo, zona lúdica, zona de educación vial e tamén un espazo músico-cultural, coindidindo coa celebración do Día das Letras.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica