Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Aberto o prazo de inscrición para a Carreira...

Compartir:

Aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular de Carballo

Este ano, poderán participar tamén cativiños e cativiñas mesmo de dous anos. Formarán parte da novidosa categoría “biberón”

Dende veteran@s até cativos e cativas de dous anos, dende afeccionad@s até corredores e corredoras consumadas. Todas e todos eles poderán participar na quinta edición da Carreira popular 10 km do Concello de Carballo, que este ano se celebrará o 21 de xuño. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 5 de maio até o 15 de xuño.

Será unha carreira interxeracional. Mesmo aqueles meniños e meniñas que estean aínda facendo as súas primeiras prácticas nisto de correr polo mundo poderán participar. Precisamente, esta será unha das grandes novidades este ano: as categorías “pitufos” e “biberóns”. A categoría “biberón” será para @s nacid@s en 2012, que percorrerán unha distancia de 50 metros. A categoría “pitufos” estará aberta para os  peques nacidos entre 2008, que farán un traxecto de 150 metros, até os de 2011, que terán que correr 100 metros. As restantes categorías serán as convencionais: xuvenil, cadete, infantil, alevín, junior, promesa, senior e veteráns.

Na entrega de trofeos de 2014

Na entrega de trofeos de 2014

A competición, organizada polo Concello a través de Carballo Deporte e incluída no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, transcorrerá por un circuíto totalmente urbano que está homologado pola Federación de Atletismo.

As primeiras categorías en correr farno ás 10 da mañá, e as últimas, que son os biberóns, ás 12.50. Todas as persoas participantes estarán controladas por chip.  

As inscricións poderán facerse tatno en www.championchipnorte.com  como na ligazón correspondente do Concello de Carballo, que estará habilitada a partir do 5 de maio. As persoas que precisen máis información sobre a proba e/ou asesoramento para a inscrición presencial poden dirixirse ás Oficinas Carballo Deporte, situadas na rúa Vila de Corcubión (teléfono, 981 702 109).

Os interesados e interesadas tamén poden descargar máis abaixo, nas ligazóns incorporadas a esta nova,  o cadro de categorías e distancias e o cartel anunciador da cita en pdf.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica