Carballo a un paso

Inicio // Artigos // 5.000 euros en premios no concurso fotopoético

Compartir:

5.000 euros en premios no concurso fotopoético

Un total de 5.000 euros en premios repartiranse entre as catro propostas que resulten galardoandas neste certame.

Mirar ao mar sempre resulta reconfortante mais, desta vez, ademais, tamén pode levar premio. O concello de Carballo vén de aprobar as bases do concurso fotopoético "Carballo mirando ao mar", no que poderás participar en catro modalidades: ben cun poema ou cun conxunto de poemas, ben cunha foto inédita, ou tamén cun fotopoema ou cun vídeo poema de creación propia. Cada unha das catro obras galardoadas recibirá un premio de 1.250 euros.

O prazo para a presentación de obras estará aberto dende o momento da publicación das bases na web municipal até o 25 de maio. Farase unha  selección entre os traballos premiados, para elaborar a partir deles unha exposición. A iniciativa forma parte do proxecto GAC (Grupo de Acción Costeira) "Carballo mirando ao mar", que se puxo en marcha no pasado mes de novembro e se estenderá até xuño deste ano.

A iniciativa pretende por en valor a costa carballesa, dándolla a coñecer á cidadanía. Porque Carballo, malia a ser unha vila que historicamente dirixiu a súa actividade económica ao rural e non á costa, ten mar e forma parte, ademais, desa aprezada liña de litoral que, dende o século XIX se deu en coñecer como Costa da Morte.

Até o de agora, foron organizadas diversas actividades formativas, como os roteiros paisaxísticos e as visitas ornitolóxicas organizadas para os colexios e tamén para o público en xeral, ou a actividade "Mariscadores/as por un día" "Mariscadores/as por un día", onde as mulleres da asociación Fonte de Santa Helena lles ensinaron o seu oficio ás e aos escolares.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica