Carballo a un paso

Inicio // Artigos // As motos congréganse no Dirt Track nocturno do...

Compartir:

As motos congréganse no Dirt Track nocturno do Concello de Carballo

Asistirán corredores de sona como Dani Rivas, Nuno Pinto e Nestor Cardana

O Dirt Track é, probablemente, unha das probas referente da programación deportiva carballesa. Trátase dunha disciplina moi arraigada nos Estados Unidos entre o no mundo moteiro, que se corre en pistas ovaladas. A Carballo chegou grazas á iniciativa do Motor Club Bergantiños, o apoio do Concello, e o patrocinio de diversas empresas locais, hai xa tres edicións. As motos congregaranse, na noitiña do sábado, na contorna do Centro Comercial Bergantiños. Competirán corredores de sona como Dani Rivas, piloto do Mundial de Superbikes; Nuno Pinto, portugués de elite en clase Supermotard, e Nestor Cardana, piloto catalán que corre no Campionato do Mundo. Así mesmo, poderemos ver competindo a pilotos locais como Juan Puga, Marcos Porteiro, Sergio Castro, Suso Martínez e Iván Moscoso.

As entradas custarán 10 euros, pero haberá descontos do 50 por cento para clientes do Centro Comercial Bergantiños-Gadis. patrocinador da cita. A proba promete máis espectaculirade este ano, pois con tal fin abríronse máis as curvas para que os pilotos poidan pisar máis a fondo o acelerados.  Haberá, tamén, espazo para máis xente nas gradas, que foron ampliadas para acoller entre 1.800 e 2.000 persoas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica