Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Berdillo

Compartir:

Berdillo

Berdillo

Berdillo

[Extensión: 12,05 km²]
[Poboación: 1581 habitantes
]

A parroquia de Berdillo esténdese ao longo da estrada que a cruza e que, en tempos pasados, foi o camiño real que unía A Coruña con Fisterra. Era a principal vía de comunicación coa cidade herculina até que a vila de Carballo comezou a medrar en sona debido ao seu balneario de augas termais, e se construíu unha nova estrada, a actual, que se fixo pasar polo centro da vila.

Berdillo é un terreo chan e verde, como o seu propio topónimo podería indicar. Mira fronte a fronte á parroquia veciña de Sofán, situada na ladeira da montaña que ten diante. É unha parroquia densamente poboada, debido á súa proximidade con Carballo.

Igrexa parroquial de Berdillo

Igrexa parroquial de Berdillo

Da forza do seu movemento veciñal e asociativo dá conta o seu amplo centro social, de recente construción, que se ergue preto da igrexa de San Lourenzo. A igrexa parroquial foi construída de novo no século XX e rematada en 1931.

Tempo atrás, houbo nesta parroquia e na veciña de Artes unha gran feira, a máis importante da comarca.

Na estrada que une Carballo con Ordes atoparás un lugar co topónimo de A Feira de Berdillo, que remite aos tempos nos que aquí se celebraba a feira.  

Malia a oposición da veciñanza e dos párrocos de Sofán, Artes e Berdillo, a feira foi trasladada en 1941 á vila de Carballo, despois de ter sido celebrada durante séculos á beira do camiño real.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica