Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Unha vintena de establecementos e descontos de...

Compartir:

Unha vintena de establecementos e descontos de ata o 80% na Feira de Oportunidades

Estará do 26 ao 28 de agosto nunha carpa situada na rúa Jacinto Amigo Lera e conta co apoio da Deputación da Coruña

Feira de Oportunidades CCA 2022

25 de agosto de 2022 - Todos os produtos de calidade ao mellor prezo na Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña! Poderedes atopar descontos de até o 80% nunha vintena de establecementos do 26 ao 28 de agosto nunha carpa situada na rúa Jacinto Amigo Lera de Carballo. Roupa e calzado copan a maioría dos postos, pero tamén atoparedes outros produtos de ferretería, bazar ou mesmo telefonía móbil. Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo Centro Comercial Aberto (CCA) entre os seus asociados: Poppy, Zapatillería Isabel, Necos, Zocas, regalosyregalitos.com, Calzados Susa, Mímate, A fragua, Akira, Style, holaMOBI, Miriñaque, La casita de Lu, O barco dos soños, Atelier, Ferretería Ángel Rama e Cris Zapatería Infantil. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores

A Mesa Local de Comercio aprobou no seu momento a adhesión do Concello de Carballo a este novo programa da Deputación da Coruña que conta coa colaboración do CCA para o seu desenvolvemento. Deste xeito, todo o protagonismo recae no comercio local. A Feira de Oportunidades celebrarase na rúa Jacinto Amigo Lera. Será inaugurada o venres ás 17.00 horas e nesta primeira xornada estará aberta ata as 21.00. Durante a fin de semana o horario será de mañá e tarde: sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, e domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.00. 

Xa sabes, o último capricho do verán atoparalo na Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña en Carballo!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica