Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volve o festival Sereas e Piratas a Razo!

Compartir:

Volve o festival Sereas e Piratas a Razo!

O venres 29 e o sábado 30 de xullo haberá praia, surf, skate, mercadiño, gastronomía, acampada e moita, moita música en dous escenarios

Sereas e Piratas 2022

11 de xullo de 2022 - O mar, o deporte, a praia e a música volven ir da man en Razo co regreso do festival Sereas e Piratas. O que fora unha das citas imprescindibles do verán entre 2006 e 2016, regresa con máis forza ca nunca con surf, skate, vólei praia, un mercadiño, gastronomía, espazo para acampar e dous escenarios nos que haberá moita, moita música. Polo de agora o cartel está formado por Apart, Bárbara Lago, Biznaga, Bratz Antifa, Copa Turbo, Fer Br, Llegamos tarde DJ Set, Los Vinagres, Lóstregho, Maikel DJ Set, Pana, PBL Roca, Russinha, Sara Mora, Sergio Capelán, Tu futura ex mujer, The Parrots, Tiburona, Tunaboy e Zars B, con artistas aínda por confirmar.

A cita será o venres 29 e o sábado 30 de xullo. Os abonos e entradas xa están a venda en dous modalidades.

  • Compra física (só abono simple por 25€):
    • En Carballo no: Oito bar, Kórner e Teirón
    • En Malpica no Leño
    • En Laxe no Escaravello
    • En Ponteceso na Eira
  • Compra online, con abonos simples e dobres, normal ou premium en Woutick: click aquí.

Estade atentas e atentos ás redes do festival, porque aí teredes toda a info!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica