Carballo a un paso

Compartir:

Os Venres Culturais enchen a oferta de lecer para o primeiro trimestre do ano

Poderedes desfrutar con Mofa e Befa, a Aula de Teatro Municipal, Talía, o Rockarballo, o certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, e moito máis!

Venres Culturais 2019


Cinco espectáculos infantís, catro funcións de teatro para adultos, tres concertos e cinco exposicións, ademais dun ciclo de cine, conforman a programación dos Venres Culturais 2019, a proposta de actividades de lecer do Concello para o primeiro trimestre do ano. O teatro é unha vez máis, un dos eixos principais, con nomes como Mofa e Befa, eme2, Talía, Teatro do Atlántico ou a Aula de Teatro Municipal... Pero tamén hai tres concertos con jazz, folk e o xa tradicional Rockarballo con grupos da vila; cinema, co ciclo Amal en ruta con películas euroárabes; moitas propostas para nenos e nenas co ciclo En Familia, o certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, exposicións de artes plásticas ou caricaturas... Un programa variado e para todos os públicos.

Hay espectáculos e actividades con entrada de balde ata completar aforo e tamén actividades que requiren venda de entrada ou tamén con acceso a través da compra dun bono para todos os espectáculos de pago. Este ano, por primeira vez, a venda anticipada de bonos e entradas realizarase a través de www.ticketea.com ou no 902 044 226. Xa o mesmo día da función, poden comprarse na billeteira do Pazo da Cultura desde 90 minutos antes do comezo da actuación.

Prezos e bonos

Este ano, por primeira vez, a venda de bonos e entradas realizarase en www.ticketea.com ou no 902 044 226

Segundo o especificado para cada espectáculo, as entradas soltas poden custar 3, 4 ou 5 euros, con reducións especiais para estudantes con carné de estudante, maiores de 60 e menores de 12 anos con prezos de 2, 3 e 3,5 euros, respectivamente. No acceso ao espectáculo deberá acreditarse a circunstancia especial do acceso reducido. A compra anticipada a través de ticketea supón gastos de xestión polo dez por cento do custo da entrada.

Nos eventos de acceso gratuíto a entrada está suxeita ao aforo dispoñible, por orde de recollida de invitacións ou de chegada. Os convites poden recollerse dende 15 días antes da actuación no Pazo da Cultura (de 11.00 a 14.00 horas) e na Biblioteca Rego da Balsa cun máximo de catro convites por persoa. Respecto dos bonos, o bono ordinario custa 20 euros e o reducido cos descontos aplicables anteriormente descritos, custa 16 euros.

Non tendes excusa... Vinde a vivir os venres con nós!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica