Carballo a un paso

Compartir:

Teatro nun metro cadrado para o FIOT 2018

O certame de microteatro do noso festival xa ten gañadores: seis propostas encherán o mes de outubro de proxectos escénicos de pequeno formato

En 2017 o m2 visitou espazos como zapaterías ou mesmo aseos

En 2017 o m2 visitou espazos como zapaterías ou mesmo aseos

O FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo xa ten aos gañadores e gañadoras do II Certame de Microteatro Metro Cadrado (m2), un concurso para proxectos escénicos de pequeno formato concibidos para poñer en escena en espazos non teatrais. Ten por obxecto apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadoras e creadores emerxentes, así como captar novos públicos e implicar aos espectadores e á cidadanía nas artes escénicas. Este ano, o certame escolleu seis propostas que serán representadas entre o 12 e o 28 de outubro no marco do FIOT e que farán gozar aos espectadores que poderán asistir de balde aos espectáculos.

Todas as propostas serán representadas no FIOT en espazos escénicos alternativos entre o 12 e o 28 de outubro

As obras gañadoras do II Certame de Microteatro Metro Cadrado son as seguintes:

  • A HISTORIA DAS FLORES, presentada por TUKUMPAS TEATRO, representada por Rubén Porto e Davide González.
  • AS VACACIÓNS MÁIS LONGAS, presentada por DIEGO M. BUCETA, representada por Diego M. Buceta.
  • MI BICI, presentada por CIA N+1 (TEATRO CIRCO DANZA), representada por Alfredo Pérez Muíño (Fredi).
  • A BONEQUIÑA, presentada por MOITO MORRO TEATRO, representada por Borja Calvar e Antía Costas.
  • PAN, presentada por HELENA SALGUEIRO, representada por Helena Salgueiro.
  • ANTES QUE NADA, presentada por FAUNOS, representada por Rolando Sánche Selas e Fernanda Barrio Barcala.

Suplentes

A maiores, e segundo se recollía nas bases, decídese seleccionar as seguintes propostas dramatúrxicas como suplentes, que de existir vacantes entre os gañadores que non puidesen representar a súa obra nas datas sinaladas, convidaranse tendo en conta a peza máis axeitada para os espazos dispoñibles:

  • PROXECTO PANK, presentada por FUNBOA ESCÉNICA, representada por Manuel Parra e Cristina Balboa.
  • ALICIA MORREU DE SOBREDOSE, presentada por NOELIA TOLEDANO, representada por Noelia Toledano.

Ampla participación

Representación no Concello

Representación no Concello

Nesta segunda edición de Metro Cadrado, recibíronse un total de 25 obras, entre as cales o xurado fixo unha selección atendendo á finalidade do certame e ás características da obra e o formato indicado despois das oportunas deliberacións, priorizando as obras de nova creación e estrea e, en especial, a adecuación das mesmas aos espazos ofertados, así como a autoría propia. Así mesmo, procurouse o equilibro entre diversas linguaxes e disciplinas, e a diversidade de públicos destinatarios. Por último, tívose en conta a presenza de participantes de carácter profesional e non-profesional.

As obras seleccionadas, unha vez representadas, recibirán un premio valorado en 300€ así como unha axuda de 100€ para gastos de desprazamento e de produción da obra. Ademais, todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán aos seguintes premios: Premio do Público 150€ e Premio á Mellor Interpretación 150€.

Nesta edición, a Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do II Certame de Microteatro Metro Cadrado, convocou ao xurado no Pazo da Cultura o xoves 12 de xullo. Os membros do xurado reunidos para a realización do fallo foron: Emi Candal Bouzas (xestora de Urdime Sociedade Coopertativa Galega), Xesús Ron “Xron” (director do Grupo Chévere), Alba Bermúdez Iglesias (actriz), Mª del Carmen Castro Pombo (membro da organización do FIOT e xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo) e Melina M. Regueira Varela (membro da organización do FIOT e traballadora da Asociación Cultural Telón e Aparte, en calidade de secretaria sen voto).

Agora, ao público tan só lle resta pasalo ben coas funcións. Vinde ao FIOT no mes de outubro!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica